Wednesday 15 de May de 2024

Sánchez Bugallo creará a Fundación Banquete de Conxo para impulsar a xestión e conservación do bosque


A Fundación integrarana o Concello, a USC e o Consorcio, deixando a porta aberta a que algunha entidade máis se poida adherir

Utiliza as teclas de frecha arriba/abaixo para aumentar ou diminuír o volume.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2023. En plena celebración da festa do Banquete de Conxo, entre “centos de veciñas e veciños desfrutando dun espazo singular e excepcional” o alcalde reafirmouse no seu compromiso pola conservación deste entorno natural anunciando a creación da Fundación Banquete de Conxo: “encargarase da preservación dun espazo de enorme riqueza natural, e servirá tamén de instrumento para despois xestionar o futuro xardín botánico para o que xa contamos con fondos europeos”.

Integrada polo Concello, USC e Consorcio, a Fundación servirá para protexer a contorna do Sar, potenciando a conservación das árbores centenarias que compoñen o bosque do banquete: plátanos, amieiros e carballos entre outros.

Una actuación que segue a senda xa marcada co proxecto de Restauración do Ecosistema Fluvial e Creación dun Bosque da Saúde no río Sar que conta co apoio da Fundación Biodiversidad. Cun orzamento total superior ao 920 mil euros, realizarase un inventario dos recursos naturais da contorna e un estudo hidrolóxico do leito e do caudal do río Sar. Ademais, impulsaranse accións de estabilización das marxes do río, recuperación do antigo leito do Regado de Chaián e recuperarase a vexetación autóctona.

230 mil euros para o xardín botánico

A Fundación Banquete de Conxo encargarese de xestionar o xardín botánico, un dos 5 proxectos para os que se conseguiron 4,5 millóns de euros de fondos europeos. Serán 230 mil os que se destinarán á restauración fluvial do corredor ecolóxico do Sarela.

Con unha superficie de 4,43 hectáreas, o xardín botánico reforzará e restaurará o bosque autóctono de carballeira creando un “espazo de uso e desfrute da veciñanza”.